A xove naceu en A Coruña, onde reside na actualidade. Estudiou "Deseño de Produto" e logo dunha tempada traballando para Sargadelos pasou polo proxecto Lelédacuca. Finalmente comezou a sua etapa actual de deseñadora e ilustradora dende a cooperativa 7H, que se define como "cooperativa de traballo asociado adicada á creación e a xestión cultural".
"O Corpo de Cristo" aporta, en palabras do xurado, "intensidade dramática sen caer no sentimentalismo" e ademáis soubo relatar patoloxías mentais dende unha perspectiva infantil, mostrando "a resiliencia dunha nena fronte aos problemas adultos". En canto ó estilo de debuxo, o definen de "liña elegante e delicada que transmite atmosferas emocionais moi complexas, apoiándose en metáforas visuais moi intensas e potentes".
Dende A. C. Impact desexámoslle a Bea unha longa e próspera vida profesional.
Podedes consultar a sua web AQUÍ ou a da cooperativa 7h AQUÍ.